Curso "A atención da desatención. Unha mirada crítica sobre o TDAH. A intervención dende unha perspectiva integral"
A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “A atención da desatención. Unha mirada crítica sobre o TDAH. A intervención dende unha perspectiva integral”, que se celebrará os días 21 e 22 de xuño de 2024 en Santiago de Compostela.
O curso ten como obxectivos caracterizar o TDAH, identificar a problemática actual relacionada co seu diagnóstico e as consecuencias para a súa intervención e tratamento e traballar ferramentas que permitan desenvolver criterios para o seu manexo na vida diaria.